Recentemente pasadas unhas xornadas (10/08/19) do “Festival de Xogos e Deportes Tradicionais na Idade Media” realizadas na parroquia de Riobó concello de Cabana de Bergantiños (Costa da Morte),con motivo das súas “Noites no Medioevo” e organizadas pola Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, onte recibimos unha carta do Comité organizador do “Festival Intercéltico de Lorient”, que hai uns días finalizou esta 49 edición, e que Galicia estivo presente, con outras comunidades e países europeos, como Asturias, Cornualles, Gales, Irlanda, Escocia, Bretaña e Isla de Man, para que a próxima edición de 2020, que se celebrará o medio século da devandita actividade, sexan nosas institucións convidadas de Honra en representación de Galicia.
Parece ser que as actividades realizadas sobre o mundo medieval (xogos e deportes tradicionais) en Riobó, por nós, causaron un importante atractivo, para que o desenvolto alí puidésemolo representar no país veciño da Bretaña Francesa en agosto do próximo ano. Como se poden imaxinar para nós, é un acicate mais e unha gran honra o poder continuar co labor de difusión lúdico-cultural das nosas raíces céltico-galaicas.
Creo que será un gran acerto por parte do Comité organizador do Festival de Lorient, que todos os grupos participantes representen, como ata agora, a súa música, as súas danzas, a súa gastronomía, a súa cultura, as súas tradicións,…pero por suposto, nunca deberían faltar os nosos Xogos e Deportes Tradicionais de orixe céltica, que polo xeral sempre son os esquecidos de calquera magno acontecemento, que como este, que con 4.500 participantes e seguido por mais dun millón de persoas de todo o mundo, non gocen das súas prácticas lúdico-deportivas tan diferentes dun lugar a outro, aínda tendo una mesma raíz troncal.
Leave A Comment