Outro ano máis o Melga nas Festas de Veran no Barrio do Castrillón na Coruña

Por cuarto ano consecutivo, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, foi convidado pola Asociación de Veciños do Castrillón. Urbanización Soto “ IAR” do barrio coruñés dos Castros, para desenvolver o V Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos.

Dita xornada lúdica desenvolverase, o venres día 23 do presente mes de agosto, na Praza de Pablo Iglesias dos Castros desde as 17,00 as 21,00 h. aproximadamente. Non se esquecerán as andas, o varapau, o pau, a pesca, os birlos, a ra, as sacas, etc… onde os pequenos, os mozos e os maiores, poderán gozar destes xogos que seguramente lles traerán moitos recordos ás persoas maiores e seguramente moi novedosos para os nenos/ as e os mozos.

Se o tempo évos propicio e apetécevos acompañarnos, alí estarémosvos esperando con todos os vosos amigos e familiares. Será unha tarde moi divertida practicando os nosos xogos ancestrais de Galicia. Seredes moi ben recibidos e a actividade, por descontado, será gratuíta.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.