Por cuarto ano consecutivo o barrio coruñés do Castrillón e a Urbanización Soto “ IAR” dos Castros, formulou dentro do seu programa do Festival do Verán da Coruña, un novo encontro de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos na tarde do venres pasado de 17,00 a 20,00 h. na praza de Pablo Iglesias, coa axuda e colaboración da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o MELGA de Ponteceso.
A sesión lúdica, como os anos anteriores, masiva aínda que o caloroso día amencido na Coruña, restou moitísima participación, pois supoñemos que a praia era a súa primeira opción e os xogos a segunda opción, xa que a partir das 20,00 h. foi a máxima concentración habida no recinto de xogos, case cando se clausuraba a sesión, aínda que a mesma continuou ata as 21,00 h.
Non faltaron xogos (varapau, andas, estrela,…) e deportes (birlos, chave,…) destacando o “xogo da pesca”, como o mais aceptado e entretido por todos os nenos e nenas asistentes, aínda que tamén persoas maiores. Como novidade desta nova edición, introducíronse os xogos das carreiras de sacas, os buracos e o turra da maroma.
Ao final do encontro lúdico, a directiva da Asociación de Veciños e o MELGA, entregaron a todos os participantes, agasallos, obsequios e lambetadas para aqueles que habían participado, como mínimo en dez dos catorce xogos seleccionados. Outro ano mais hai que destacar ao grupo de voluntarios (persoas maiores do barrio) que fixeron das súas demostracións sacar algún que outro aplauso dos espectadores e participantes.
Leave A Comment