Despois de varios anos tentándoo por achegarse ao museo pontecesano, hoxe mércores día 28 de agosto, en xornada matinal, chegou o día para recibir a unha nutrida representación de persoas maiores do Concello de Vimianzo (A Coruña), que estiveron acompañados en todo momento polo monitor Alejandro e a conselleira de Benestar Social, Igualdade, Ensino e Mocidade dona María José Pouse Pérez que foi a organizado da visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).
Os “mozos maiores” que se achegaron á sesión lúdica, estaban na franxa de 65 a 92 anos de idade e en total o grupo achegábase ás oitenta persoas. Non só eles, senón que varias familias de Galicia (Santiago, Lugo,…) e Castela e León (Zamora, Salamanca,…), uníronse ao grupo xeral, para continuar as explicacións do guía do museo.
Foi unha mañá entrañable e por descontado de moitas emocións atopadas sobre a nenez de moitas persoas dos alí presentes, achegando coñecementos sobre o mundo dos seus xogos da terra de Soneira. A atención foi máxima ás explicacións, anécdotas, aclaracións e por suposto, a participación activa foi intensa en moitos deles, cos xogos e deportes propostos, loxicamente adecuados ás súas idades.
Segundo manifestación dalgúns dos presentes, a mañá pasáraselles rapidamente, aínda que excedese as dúas horas de percorrido polas salas. Uns estaban encantados da visita, que non se atopaban cansos, que marabilla de excursión!. Outros en cambio trasladaban ao guía que virían cos seus fillos e netos en próximos días, aínda que non sería o mesmo sen visita guiada, pero “o museo era digno de ver e visitalo de novo, unha obrigación familiar”
Leave A Comment