Este sábado día 14 de setiembre, ás 18,00 h. na Praza do Recheo do concello de Ponteceso, con motivo da festa de A Barquiña, levarase a cabo o V Campionato de Tirabalas da Costa da Morte, organizado polo Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) e a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, para buscar o novo campión desta modalidade tradicional da nosa terra pondaliana.
Como nas catro anteriores edicións o tirador para bater será Carlos Andrade Castro vecino de la Trabe- Ponteceso, policía municipal, que supoñemos que adestraría o suficiente para levar de novo o cetro de campión, aínda que terá rivais moi cualificados como Lito Blanco, Lito Pérez, Manuel Pastoriza,… e algúns mais, que tentarán levar o “gato á auga” neste lustro de competición tirabalístico.
É o noso soño que nesta edición tan especial, que as mulleres pontecesás e doutras áreas de influencia da zona, introdúzanse definitivamente nesta especialidade lúdico-deportiva tan espectacular. Tamén esperamos que os nenos e nenas anímense e gocen dunha tarde grandiosa de lanzamento de precisión sobre un obxecto fixo. Por suposto, poden participar todos aqueles que o desexen (de 5 aos 100 anos), a única condición e que se inscriban no mesmo, antes do comezo da xornada. Haberá premios en metálico e gastronómicos. Recordar que hai que levar o tirabalas persoal de competición.
Xa se atopan inscritos en varias categorías, tanto masculina como feminina, tiradores de Malpica, Corme, Cabana de Bergantiños, Buño, Pazos, A Bugalleira e de Ponteceso. Foron invitados os tiradores das Terras de Melide para dilucidar quen son os millores “tirabaleiros” de Galicia. Quedades todos convidados¡ Animarvos¡
Leave A Comment