O sábado pasado en xornada matinal de 11,00 h. a 14,00 h. recibimos no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, a 40 persoas de entre os 11 aos 15 anos de idade, que pertencían a Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, que se achegaron por primeira vez ao noso museo para realizar unha visita guiada. O grupo estaban acompañados dos seus monitores Lida Míguez, Loreto Doallo, Miguel Mirazo, Rodrigo Kluver e Óscar Padillo que exercía de representante do grupo.
Aínda que a visita foi demasiado curta, todos os compoñentes dos novos visitantes, pasaron polas dúas salas de exposición, facendo un percorrido desde as xogos tradicionais á historia dos mesmos. Tamén foron partícipes da práctica de xogos e deportes tradicionais de interior que alí se desenvolveron co gran pracer e algarabío dos participantes. Como noutras ocasións, os monitores retaron a algúns dos dos seus alumnos/ as para demostrar as súas habilidades corporais.
A gañadora do certame de preguntas e respostas da visita guiada foi Malena Prellegrino de 14 anos de idade, que levou o agasallo correspondente. A maioría dos visitantes estaban dispostos a regresar de novo ao MELGA, segundo comunicáronnos.
Leave A Comment