Xornada intensiva no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), xa que pola mañá houbo visita guiada co grupo Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela e pola tarde, con motivo das Festas da Barquiña, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o MELGA, programaron o V Campionato de Tirabalas de Ponteceso.
A sesión lúdica tradicional deu inicio ás 18,00 h. na praza do Recheo da vila. Por primeira vez realízase no devandito campo de xogo, pois as anteriores edicións realizáronse o campo de xogo do Centro Cultural onde está situado o MELGA.
Despois de media hora de quecemento probando os “ tirabalas” sobre o terreo do concurso, o evento deu comezo á hora prevista. Os competidores, este ano, por problemas moitos deles laborais e persoais foi escasa. A mesma inaugurouse con 8 tiradores adultos e 8 tiradores de nenos/ as. Soamente disputou a competición, unha tiradora feminina en adultos e 2 nenas en infantís. As idades en adultos estaban entre os 16 anos e os 70 anos e os pequenos desde as 5 aos 8 anos.
O campión para bater era como nas catro edicións anteriores Carlos Andrade, policía municipal, vencedor nas catro anteriores e que todos os competidores esperaban que este ano “ flojeara” algo, para arrebatarlle o trono. Pero non foi así, desde a primeira serie de 15 lanzamento, derrubou todas as dianas propostas. Na segunda serie de 15 puntos só fallou na número 4 e na terceira e última serie tamén fallou soamente na número 4. É dicir, o cómputo xeral foron 37 puntos dos 45 posibles, que lle deron o campionato Absoluto, batendo o do ano anterior que fora de 34 puntos.
Desde o primeiro lanzamento os demais competidores estaban “cohibidos” e ata moitos deles querían abandonar o campionato pois vían a súa aspiracións mermadas coa exhibición excepcional do pontecesano.
O pódium compuxérona da seguinte forma: O campión absoluto con 37 puntos foi para Carlos Andrade cuxo premio foi de 150,00 €, un xamón e como medalla de ouro unha riestra de chourizos. O segundo clasificado foi para Alberto Costerio con 20 puntos, premio de 80,00 € e un lacón e riestra de chourizos como medalla de prata e terceiro clasificado foi para Manuel Montans con 10 puntos, premio de 50.00 €, unha cachucha e riestra de chourizos como medalla de bronce. Os seguintes clasificados por orde de puntuación foron: Kevin Martínez, Benjamín Bugallo; Yoli Fondo, Javier Montans e Roberto Carandel, todos eles levaron recordos da competición e premio de 20,00 € para cada un deles.
En canto á competición infantil os resultados foron os seguintes: Primeiro e campión Xoel Parga. O subcampión Sergio Mato e o terceiro clasificado Alvaro Gundía. Os restantes clasificados foron por esta orde: Simón Mosteiro, Genoveva Reborido, Ainhoa Suárez, Iván Mato e Yoel Reborido. Todos recibiron medallas e un paquete de “ chuches”. Todos os participantes recibiron ademais un “ pin” de madeira da mascota da competición chamada Tirabalito.
Durante toda a competición estivo presente acompañándonos a edila de Turismo, Deporte, Festexos e Dinamización Económica Raquel Fondo Pérez. Por problemas de axenda dita concelleira debería entregar os premios aos gañadores, pero a función recaeu baixo a súa autorización no director do MELGA.
O nivel foi alta para os dous primeiros postos, pois faltaron moitos tiradores do ano pasado, excelentes competidores, pero debemos de destacar a pouca participación así como a de espectadores. Desexamos que o próximo ano 2020 anímese moita mais xente. Hai que destacar que a instalación e a cancha de xogo estaban en óptimas condicións para o desenvolvemento do evento e non queremos deixar pasar, xa que sen eles non levaría a cabo, a axuda e colaboración do Concello de Ponteceso , á Asociación Eventos de Ponteceso, Protección Civil e Comisión de Festas.
Xa está en camiño a VI Edición para o ano 2020. Seguimos contando con todos vós.
Leave A Comment