Afiánzase con éxito rotundo a VI Ruta de Biciclásicas de Ponteceso

A edición sexta do Roteiro de Biciclásicas de Ponteceso, celebrada este domingo día 15 do presente mes de setembro, pola vila de Eduardo Pondal, pódese dicir que é a gran lombeirada e consolidación, que a xente de Galicia deunos á Fundación Ricardo Pérez e Verdes e ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) como organizadores deste magno evento.

Logramos bater a marca de asistentes, desde o inicio do primeiro roteiro realizado alá polo ano 2014, cunha participación de 30 “tolos ciclistas”, que coas súas coidadosas e brillantes bicicletas clásicas e as súas vestimentas de época, pasearon pola vila pontecesá dando un colorido especial ao ambiente festivo. Como todos os anos o Roteiro está encaixada dentro das Festas da Barquiña e este ano como novidade, incluídos dentro da IX Ponteclásico. A organización correu a cargo da Asociación de Eventos de Ponteceso e a Fundación e o MELGA, coa colaboración inestimable do concello de Ponteceso.

Outro dos record batidos na proba foi a bicicleta de Jorge Longarela Barreiro que portou unha admirable Orbea de baleas do ano 1936, pois a marca anterior estaba establecida no ano 1938 do noso amigo Anxo Sánchez de Pontedeume coa súa magnífica modelo Honor, fabricada en Galicia. Tamén se uniu á marchaen esta ocasión outra bicicleta de 1938 de Ciclos Eibar cuxo propietario é Serafín Ures de Pazos-Ponteceso e que tivo a honra de guiala en todo o percorrido o director do MELGA Ricardo Pérez e Verdes.

A procedencia dos ruteros pertencían na súa maioría á Provincia da Coruña (Pontedeume, Arteixo, Laxe, A Coruña e Ferrol), de Castela-León (Ponferrada-O Bierzo) e como novidade este ano fixeron a súa presenza unha parella da provincia de Pontevedra (Vigo). A participación do concello de Ponteceso, parece incrible, pero segue sendo escasa, por non dicir nula.

 

Afiánzase con éxito rotundo a VI Ruta de Biciclásicas de Ponteceso

 

A concentración do grupo levou a cabo no Centro Cultural e de alí partiu a comitiva o paseo fluvial sobre as 12,30 h. percorrendo a Trabe, o Malecón, a Barra e regreso polo mesmo lugar cara á praza do Recheo onde as bicis se expuxeron á beira do río Anllóns. Tívose que modificar o percorrido que se pretendía facer, pois o tempo, tiñámolo moi escaso, despois de tantas actividades programadas con anterioridade e polo atraso acumulado por algún dos membros asociativos.

Todo o grupo de biciclásicas, durante a sesión vermut, degustou nun opíparo xantar non faltando como anos anteriores a empanada, os exquisitos callos, os queikes, o queixo, o marmelo, e todo iso bañados cos viños caseiros achegados polos participantes do Bierzo. Nas sobremesas fíxose entrega dunha placa por parte da organización, á Peña Ciclista Leboreira e ao seu presidente Daniel Cendán, como recoñecemento ao seu lustro de participacións neste evento. A todos os participantes fíxoselles entrega dunhas bolsas con diferentes recordos por parte do concello de Ponteceso, a Asociación de Eventos fixo entrega do cartel anunciador do IX Ponteclásico e a Fundación e o MELGA achegaron un pin de madeira co logo dunha bicicleta antiga, así como o cartel anunciador da xornada e a cartela conmemorativa do VI Roteiro de Bicicletas clásicas para colocar en cada unha das bicicletas presentadas.

Consolídase e afiánzase esta actividade tan vistosa como cita anual en Ponteceso, pois xa se pensa na próxima edición tentarase subir o listón un pouquiño mais e conseguir o medio centenar de participantes. Esperamos que se consiga xa que o noso roteiro, ata o momento é a mais numerosa de todas as que se realizan en Galicia, oxalá que algún día podamos etar á altura da nosa veciña cidade portuguesa de Esposende que chegan a alcanzar os douscentos participantes, vindos de varios países europeos, entre eles España, Francia e Italia. Todo se andará e desexamos que pronto chegue, aínda que non nos podemos queixar, pois en seis anos temos unha cota de participación moi aceptable.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.