Despois dunha mañá intensa de traballo, na biblioteca do Centro Cultural de Ponteceso, para celebrar un encontro de Alcaldesas e Alcaldes Socialistas, de preto de trinta mandatarios da provincia, presidindo o acto o secretario xeral dos socialistas coruñeses e presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
Despois de repoñer forzas a través dun xantar en “A Pesqueira”, sobre a 17,30 h. tivemos a gran sorte e honra de que visitase o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, da man do noso director Ricardo Pérez e Verdes, o presidente da Deputación, acompañado polo anfitrión do acto e convidado polo alcalde de Ponteceso Lois García Carballido, a visitar as nosas instalacións museísticas.
Acompañáronlle tamén os alcaldes dos concellos de Malpica Walter Pardo Añón, o alcalde de Miño Manuel V. Faraldo, o concelleiro de Obras, Servizos, Infraestruturas e Urbanismo Miguel Ángel González Gómez do concello de Ponteceso e o propio rexedor pontecesan.
Aínda que a visita guiada estaba programada por un curto tempo, debida á intensa xornada levada a cabo, a mesma prolongouse máis aló das dúas horas de percorrido. Devanditos ilustres políticos, era a súa primeira visita que realizaban ao MELGA. Os asistentes ao consello de Dumbría, Camariñas, Vimianzo, Corcubión, Cee, Fisterra e Muxía, declinaron non acompañarnos por motivos de axenda institucional, aínda que se desculparon e prometeron non ausentarse na próxima cita.
En vista da gran acollida e interese que tivo o presidente Valentín Gónzalez Formoso, polo noso museo, transmitiunos persoalmente as súas desculpas por non coñecelo antes, pois sen dúbida quedara impresionado da instalación, a súa distribución e abrigo das numerosas e orixinais pezas presentadas nas vitrinas expositivas. O mesmo podemos de comentar dos rexedores de Malpica e Miño que tamén o descoñecían.
Finalmente, a sorpresa foi que o presidente da Deputación a súa comprometeu e transmitiu ao alcalde Ponteceso Lois García Carballido e ao presidente da Fundación e director do MELGA, que era o seu desexo en reunirnos de maneira inminente, para falar detidamente sobre o futuro do noso museo pontecesano, tanto a nivel de difusión, colaboración, axuda ou calquera aspecto de mellora do mesmo. Así que estamos ilusionados e á espera da cita próxima. É, sen dúbida, unha gran noticia para todos nós e para todos os galegos en xeral.
Leave A Comment