Un grupo de preto de trinta alumnos e alumnas de 11 anos de idade (6º de Primaria) correspondente aos grupos 1º A e 1º B do CEIP. Eduardo Pondal de Ponteceso, este martes pasado achegáronse ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso para participar dunha filmación experimental, pioneira en España, sobre a igualdade nos xogos de taboleiro no museo pontecesán e a súa aplicación práxica nunha visita guiada ao mesmo.
A dirección do traballo estivo dirixido polo noso director do museo, que o que se pretendía coa devandita investigación era, presentar unha actividade planificada como un recurso novo educativo, no “XI Congreso Nacional de Xogos e Xoguetes” que levará a cabo na cidade de Albarracín-Teruel, os días 25 ao 27 do presente mes de outubro.
A filmación foi un éxito, xa que non houbo que repetir ningunha escena, pois as orientacións que se lles propoñía ás actrices e actores tomárono con gran profesionalidade e entrega. Tamén hai que aplaudir a colaboración dos profesoras titoras dos dous grupos que axudaron e participaron tamén na mesma con moito entusiasmo.
Por parte da dirección do museo, así como do presidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, agradeceron inmensamente a dispoñibilidade que o centro escolar sempre nos brindou, tanto por parte da dirección como do alumnado do centro.
Leave A Comment