Hoxe recibimos a un novo centro docente no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) para realizar unha visita matinal guiada. Despois de seis anos de inaugurado, sempre estivo na mente do centro o coñecelo pero, unha veces por problemas docentes, outras polo número de alumnos/ as, outras por realizar outras actividades extraescolares, etc… ata hoxe venres día 15 de novembro non se chegou a frutificar a mesma e case se suspende polas condicións tan adversas (choiva, saraiba, vento,…), do día escollido, pero…finalmente levouse a cabo por primeira vez.
O grupo compoñíano un total de preto de oitenta nenos e nenas do CEIP. Plurilingüe Bragade da poboación de Dordaño do concello de Oza-Cesuras da provincia da Coruña. Os visitantes viron acompañados dos seus titores-. así como o seu director do centro Israel Arranz que ademais exercía de coordinador da actividade. Os demais docentes eran Marcos Bóveda, Laura Campello, Davinia Graña, Paula García, Alexia Aguilar, Consolo Miñones e Carmen Presa.
Debido á visita matinal organizada, podemos dicir, que o centro escolar pechou as súas portas para todos os seus alumnos e alumnas e así poder realizar dita actividade sen a debida presión de non contar co tempo suficiente. Aínda que algún tempo faltounos. Sobre todo na segunda sala. Tanto docentes como os discentes, a dirección do museo habilitóuselles, excepcionalmente, a Biblioteca do Centro Cultural de Ponteceso, para que puidesen xantar baixo cuberto e tranquilamente, xa que nese momento a choiva e a saraiba era moi intenso.
Un grupo excepcional, tanto profesores/ as como alumnos/ as que gozaron durante máis de 3 horas da explicacións e prácticas dos xogos tradicionais. Nesta ocasión, a gañadora do concurso de preguntas do patrimonio lúdico galego, e por tanto os agasallos doados pola dirección do museo, foron entregados á nena Emma García de 11 anos, que levou a colección de peonzas, buxainas, perinolas e perindolas. Unha excursión de final de primeiro cuadrimestre, segundo os seus protagonistas, inmellorable.
Leave A Comment