Anúnciase que a partir de hoxe venres 13 de marzo e ata novo aviso, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, suspenden temporalmente as súas actividades de fronte ao público (visitas, talleres, exposicións, etc..), co fin de garantir a saúde dos visitantes, usuarios e traballadores. A medida foi adoptada pola Xunta de Galicia e as súas consellerías de Sanidade, Cultura, Educación e Deportes.
Esta cancelación adóptase seguindo o paquete de medidas adicionais anunciado polo Consello de Ministros en zonas de alta transmisión do coronavirus. Oportunamente, a través da páxina web, correo electrónico, redes sociais, etc. informarase a todos os interesados da nova apertura. Pedímoslles desculpas polas molestias ocasionadas e esperamos recibirlles prontamente de novo, en canto levántese estas medidas que están suxeitas á evolución desta situación extraordinaria.
Leave A Comment