Días pasados visitaron o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), un grupo de campistas do Furancho Deportivo do concello de Vimianzo (A Coruña), era a súa primeira vez e ao mesmo tempo foi o primeiro campamento deste verán 2020 que realizan unha visita guiada ao museo.
O grupo era moi heteroxéneo e conformábano vinte nenos e nenas comprendidos entre os 3 anos e os 11 anos de idade e viñan acompañados da súa monitoras Xeni Lema e Vitoria Fernández, que era a directora do campus e exercía como a organizadora da visita.
Ningún dos compoñentes do grupo, nenos e profesoras, viñera ao MELGA durante estes seis anos desde a súa inauguración, pero vendo o divertido e novo da excursión, estaban seguros de repetir a actividade prontamente. As dúas horas e media de percorrido polas instalacións escoitando atentamente as explicacións do guía e a maioría do tempo xogando e coñecendo os xogos e deportes tradicionais galegos e do mundo, foi para todos eles unha experiencia extraordinaria. Aínda que o tentaron, non bateron ningunha marca das establecidas nos xogos planificados nas sesións lúdicas.
Leave A Comment