Na xornada matinal de onte, sábado día 5 do presente mes, tivemos a ocasión de recibir a un grupo de Voluntarios, comandado polo antropólogo galego Rafael Quintiá, no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), para realizar unha visita guiada ao mesmo, dentro das diferentes actividades que a Fundación Eduardo Pondal do Couto e a Xunta de Galicia, teñen no programa estival, que leva por título “ Alí, xaz”, poesía do noso ilustre bardo Eduardo Pondal.
Debido á pandemia o colectivo non foi numeroso, soamente 10 persoas, sobre todo para respectar as condicións óptimas das visitas grupais. A duración da sesión teórico- práxica foi de case tres horas de percorrido polas salas do museo. A idade dos visitantes atopábanse na pinza de 14 aos 25 anos. No grupo atopábase unha alumna colaboradora do museo Laura Romar, que tamén facía as veces de monitora do grupo.
Como anécdota do día comentamos que, durante toda a mañá recibimos tamén varios grupos familiares, que por primeira vez visitábannos, pero neste caso, todos os membros eran de Galicia, casualmente na súa maioría de Santiago de Compostela. O algún momento incorporáronse á visita guiada gardando as debidas distancias sanitarias.
As visitas continuaron pola tarde en sesión de 16,00 a 19,00 h. e a afluencia foi igual ao da mañá, con persoas residentes en Lalín, A Estrada, Pontevedra, Corcubión, Cee, etc.. moi diferente á situación dos meses anteriores (xullo-agosto), que eran doutras comunidades españolas.
Leave A Comment