O Colexio Andaina de A Coruña repite cun novo grupo esta semana

Despois de visitarnos un grupo do colexio Andaina Sociedade Cooperativa Galega da Coruña, o mércores pasado día 20 do presente mes de xaneiro, hoxe venres 22 repetiron o mesmo centro escolar para realizar unha nova visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).

Parece ser que, así comentaron as súas profesoras, que os nenos e as nenas de 3º de educación infantil (5 anos) quedaran tan satisfeitos coa sesión recibida o día pasado, que o outro grupo, quixo non deixar pasar a ocasión e decidiron desprazarse a Ponteceso para facer a visita que tiñan preparado para mais adiante. Os compoñentes do grupo foron en total 21 persoas, dos cales 16 eran discentes, 2 profesoras e 3 nais. As profesoras titoras foron Carla María González e Nuria Amigo que coordinaba o grupo.

Os alumnos/ as do centro, do mesmo xeito que a do día anterior, participaron dunha sesión teórico-práctica da primeira sala, daqueles xogos tradicionais que desenvolveran a través dos talleres efectuados na aula e agora transferíanos á práctica. Tanto os nenos e nenas, profesoras e nais practicaron activamente nos xogos que se propoñían polo guía. Algúns nenos bateron algunhas marcas nos xogos tradicionais do grupo do mércores, aínda que non a nivel xeral.

Seguindo as medidas restritivas da pandemia, durante as case dúas horas de duración do percorrido pasaron moi rápido, segundo o grupo, pois non tiveron nin descanso para o tentempié, que sempre efectuamos para estas idades, entre a visita da primeira sala e a segunda sala, para que non se fatiguen e sigan mantendo a atención debida.

Un grupo moi participativo nunha xornada especial para estes nenos e nenas do colexio Andaina. Algunhas das nais, xa fixeron o seu reserva para o l fin de semana, para vir coas súas outros fillos e familia e facer o percorrido ao completo e sen tempo limitado.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.