Onte mércores día 5 do presente mes de maio, tivemos a ocasión de recibir outra vez de novo, esta fai a número cinco, no noso Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) do centro escolar coruñés CPR. Andaina Sociedade Cooperativa Galega, para realizar unha visita guiada no que vai de ano con restricións polo COVID-19.
O grupo conformábano unha trintena de adolescentes de sexto de primaria de 11 e 12 anos (o grupo de maiores do centro), que viñan acompañados pola profesora Estefanía Calderón e a súa titora Olalla Mancebo como coordinadora da actividade. Como de costume respectáronse todas as recomendacións sanitarias establecidas polo Goberno. A sesión matinal transcorreu desde as 10,15 h. ás 13,30 h., mais de tres horas percorrendo as dúas salas do museo, atendendo as alocucións do director do MELGA, e realizando os diferentes xogos e deportes tradicionais programados. Un grupo (tanto alumnos como profesoras) foi verdadeiramente moi participativo, interesados na temática sobre os xogos e moi competitivo. Se deles dependese, estivesen no museo unha sesión aínda mais ampla, pero o axuste do horario atopábase moi definido.
Segundo palabra das súas profesoras, a xornada fora “aínda que xogaban con algunha vantaxe, xa que traían información das súas compañeiras anteriores, pero non crían que fóra desta maneira a visita guiada tan marabillosa e sorprendente, tanto de coñecementos achegados como pracenteira”. Como anécdota da visita, moitos alumnos e alumnas do centro, tiveron a ben deixar no libro de visitantes as súas impresións (hai que dicilo todas moi positivas) sobre o acontecido na sesión lúdica desenvolvida.
Aínda que o tempo non nos acompañaba pola choiva, o grupo arriscouse para desprazarse ao Monte Blanco e para xantar no Piñeiral de Balarés e así cumprir co programa establecido do día de excursión a Ponteceso. Sobre as 16,00 h. regresaron á Coruña ao seu centro docente.
Leave A Comment