O Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, onte venres día 06 de agosto, en sesión vespertina, (de 17,00 a 20,00 h.),tivo a oportunidade de probar unha nova experiencia en canto a visitas, pois se sacou unha lista de espera, xa que nos visitaban grupos menores de 2-3-4 ou 5 persoas, e a esixencia para un grupo era de 20 persoas como mínimo para levar a cabo unha visita guiada e en tres días cubriuse a cota, superando a trintena de participantes.
O grupo conformábano desde nenos de 3 anos ata avós e avoas de 80 anos. Todos os visitantes turistas atopábanse pernoitando na zona e procedían das seguintes comunidades: Madrid ( Alcorcón, Parla, San Blas), Castela a Mancha (Guadalaxara), Asturias(Xixón) e Santander (Laredo). Da nosa comunidade galega a súa procedencia eran de Narón, Laxe, Malpica e Ponteceso.
Con case tres horas de percorrido polas salas expositivas, os 10 nenos/ as e os 15 adultos e as 10 persoas maiores, estiveron atentas a todo o que se lles transmitía a través do guía, e realizaban os xogos tradicionais, programados e adaptados para cada idade dos visitantes.
A experiencia foi moi positiva en canto á confección do grupo (heteroxéneo) e á multiculturalidad dos presentes, xa que o intercambio de nomes dos xogos era moi diferente nunhas comunidades que outras. De todos os xeitos prevaleceron os xogos e deportes tradicionais de Galicia para que os coñecesen na súa dimensión.
Como curiosidades da xornada diremos que a todos os nenos participantes, fíxoselles entrega, en nome da Fundación e o museo, dun pequeno agasallo a cada un deles como recordo da súa estancia no Museo do Xogo e do Deporte, sito en Ponteceso. Outro situación remarcable foi que, finalizada a visita, dous representantes da comunidade de Madrid, unha educadora e outra produtora de televisión, ofrecéuselle ao director do centro Ricardo Pérez e Verdes, realizar un programa a nivel nacional sobre o MELGA e os xogos e deportes tradicionais Galegos. Por suposto, recollemos a oferta e posiblemente chegaremos aínda acordo pertinente.
Aínda que algúns dos presentes viñeran pola súa conta (sobre todos os de Galicia) para realizar a visita, todos coincidiron que fora magnífica a decisión de realizala guiada e aqueles que non coñecían o museo, volverían de novo para aproveitar aínda máis a súa visita en profundidade. Un día recordable.
Leave A Comment