Por primeira vez, o CEIP PLURILINGÜE DE SAN VICENZO do municipio de Vimianzo, onte, venres día 8 do presente mes de abril, desprazáronse a Ponteceso para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA). O grupo conformábano dous grupos, un de 1 º. e outro de 2 º. de primaria do ensino infantil, en idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos de idade. E o número de participantes excedían o medio centenar. Os nenos e nenas do centro docente viñan acompañados de catro profesores titores: Inés Álvarez, Jaime Pastoriza, Doce García e Laura Romero que exercía de coordinadora da actividade.
Ao ser un grupo numeroso, a sesión tivo unha duración de dúas horas e media, cunha pausa para descansar de vinte minutos e ropoñer forzas. Como cabía esperar, a xornada foi moito mais práctica que teórica, polas idades que tiñan os visitantes, aínda que non deixaron de lado a parte teórica. A nena de 8 anos de 2 º. de primaria Iria Pardiñas foi a gañadora do concurso da visita guiada. A dirección do museo fixo entrega á clase de 1 º. de primaria uns obsequios para a clase, pois como é lóxico, as preguntas resultábanlles un pouco dificultosas, ao ser tan novos. Outra experiencia mais no MELGA, xa que o grupo correspondía a dous ciclos diferentes, con diferenza de idades.
Leave A Comment