Informamos que as instalacións museísticas do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), terá as súas portas abertas cunha ampliación do seu horario cotián. Dende o venres día 8 até o domingo día 17 do presente mes de abril, o horario para o público para Semana Santa será o seguinte:
Os luns (mañá e tarde) e domingos (tarde) estarán pechado. De martes a sábados os horarios serán: mañá de 10:00 h. a 14:00 h. e tardes de 17:00 h. ás 20:00 h.
Como novidade neste horario, a Fundación Ricardo Pérez y Verdes e o Concello de Ponteceso a través do seu alcalde Lois Carballido, decidiron propoñer para o Xoves e Venres Santo, realizar en ambas as xornadas, unha visita guiada de 11:00 h. a 13:00 h. para todas aquelas persoas que estean interesadas na mesma, coa orientación do noso director. Poderase reservar para estas visitas guiadas, previa inscrición no 981.71.54.42 ou no correo info@museomelga.com.
Leave A Comment