Iníciase unha semana completa con visitas guiadas dun colexio coruñés

O centro docente privado coruñés de CPR Fillas de Jesús, mais coñecidas como as Jesuitinas, iniciaron este luns día 6 de xuño do 22, unha andaina de cinco días desta semana, con diferentes cursos de primaria, como excursión final de curso para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso.

Hoxe correspondeulle a unha trintena de alumnos e alumnas de 2º de primaria (7 e 8 anos de idade) que viñan acompañados do seu profesor-titor Gabriel Bas Ayala. A sesión foi matinal de 10:30 a 13:00 horas e así seguirá durante toda a semana.

Ao contar cun grupo ideal para unha visita guiada, os nenos e nenas do centro escolar puideron exercitarse en profundidade en todos aqueles xogos que se programaron para a sesión. Todos realizaron os correspondentes xogos recreativos e competitivos dunha maneira pausada e sen o abafo, que noutras ocasións podémonos atopar debido ao gran número de asistentes á mesma. Hai que destacar que as nenas Martina, Sofía e Alicia bateron o record de castelos de pinzas da roupa, despois de cinco anos de vixencia, cunha altura estable de 40 pisos. A anterior marca ostentábaa un centro escolar de Milladoiro de Malpica con 39 pisos.

A xornada transcorreu con moito interese e dada a proeza lograda, todos atopábanse moi animados para tentar lograr algunha marca mais na devandita sesión. Por iso, non se concedeu o premio ao alumno ou alumna que mais acertos tivese no percorrido, senón que os premios foron concedidos a toda a clase.

Un grupo ordenado, participativo e entusiasmado cos coñecementos que adquiriran e sobre todo o realizar actividades lúdicas para eles descoñecidos. Aínda tendo tempo suficiente, a opinión xeneralizada era que lles resultaba «curtísima» a xornada museística e festiva.

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.