I Concurso Exhibición de Chave Galega

Desexamos informarvos que o vindeiro sábado día 11 de xuño de 2022, desde as 11 da mañá, celebrarase o I CONCURSO EXHIBICIÓN DE CHAVE GALEGA nas instalacións do campo de xogo exterior do Centro Cultural/MELGA do Concello de Ponteceso.

A organización do evento correrá a cargo da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), a Asociación de Xogadores de Chave de Santiago de Compostela e a colaboración do Concello de Ponteceso.

O concurso realizarase na modalidade de PARELLAS e por EQUIPOS. O máximo de competidores que un club pode presentar, non excederá das 10 parellas. A participación é gratuíta, só hai que inscribirse e a organización achegará o material específico do noso deporte.

Sabedes que desde este momento estades todos/as invitados/as a participar e acompañarnos nunha sesión deste xogo autóctono e ancestral galego. Haberá excelentes premios.

Agardámosvos!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.