Unha sesión ao completo no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, xa que pola mañá recibimos ao colexio privado coruñés de Fillas de María/Jesuitinas (terceira vez nesta semana) e pola tarde recibimos ao un grupo do Programa Educativo do Concello de Oleiros e o IES María Casares de Oleiros. A expedición das Jesuitinas, eran un grupo próximo aos trinta visitantes de 2º C do ensino primario de 7 e 8 anos de idade. O grupo viña comandado pola súa profesora titora Isabel Núnez que era a representante do centro docente.
Como os días anteriores ao ser un grupo ideal para unha visita guiada, todos os nenos e nenas do grupo pasárono «pipa» podendo dilucidar en todas as ocasións a habilidade de cada un deles nos respectivos xogos practicados. Aínda sendo un grupo moi disciplinado e moi atento a todo o que se lle informaba, a práctica comparativamente cos anteriores grupos recibidos en días pasados deixaba a estes nun nivel de preparación fisicamente mediana. Non deixaban de repetir «que ben o estou pasando» e iso que a duración da sesión chegou algo mais das 2 horas. Tanto profesora, que xa nos vistara 6 anos atrás, comentou que o ano que ven virían a unha xornada ao completo no MELGA dende pola mañá até serán.
A intención de bater algunha marca non foi posible polo anteriormente devandito, as súas habilidades motrices eran un pouco regulares, xa que lles faltaban algunhas calidades ou adestramento para superar aos seus compañeiros. O premio concedéuselles á clase ao completo, porque tampouco superaran ningún neno/na, a marca mínima das catro respostas acertadas.
Como anécdota, antes do comezo da sesión da visita guiada, o delegado do curso fixo entrega ao noso director Ricardo Pérez e Verdes, dun xogo brasileiro chamado 7 bólas que todos os nenos xógano o rúas de Brasil, realizado con materiais de reciclaxe, e confeccionado polos alumnos de 2º A e 2º B. O mesmo xa se atopa entre as vitrinas do museo. Un detalle que nos engrandece e que sentimos moi queridos por todos os que visitan Ponteceso e en particular o Museo do Xogo e do Deporte Tradicional e Moderno.
Podes ler como transcurriu a primera visita das Jesuitinas, así como a segunda no noso MELGA.
Leave A Comment