O centro escolar do CEIP. Areouta, da parroquia do Sardiñeiro do veciño municipio de Fisterra (A Coruña), visitou hoxe mércores día 15 de xuño-22, en xornada matinal, o noso Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), despois de anunciar na escola “AVISO: Pechado por excursión de Fin de Curso, ao museo de Ponteceso”.
O grupo compoñíano nenos e nenas de todas as idades, desde os 3 ata os 11 anos de idade, de 1º a 6º de primaria do ensino infantil. Estaban acompañados dos seus titores/profesores Luís Matías, Silvia Pérez, Laura Trigo e María José Martínez, directora do centro e organizadora da actividade. Era a súa primeira vinda ao museo.
Da mesma forma que o día pasado co CEIP. Mar de Fóra, tamén de Fisterra, eran un grupo moi heteroxéneo, os mozos visitantes, do mesmo xeito que o do día anterior, funcionaron moi ben, tanto na parte de atención teórica como na práctica. Cun breve descanso para repoñer forzas entre sala e sala, a visita guiada excedeu as tres horas de percorrido. E aguantaron! Sendo a maioría moi pequenos. Por todos os medios puxeron gran interese en bater algunha marca nalgún xogo, pero non puido ser. A diferenza do centro docente do día anterior, este grupo viña con tempo suficiente e sen présas para visitarnos, por tanto, puideron gozar, sen abafos, ambas as salas do MELGA expositivas, sen problemas.
A continuación todos os asistentes da visita guiada desprazáronse á praia de Balarés para xantar e ao mesmo tempo seguir xogando con aqueles xogos que habían aprendido, durante a súa estancia no museo. A sesión lúdica-festiva finalizou coa saída de regreso, cara ao Sardinero-Fisterra. Unha excursión recordable e diferente para todos.
Leave A Comment