Todo o centro escolar, sobre uns 150 nenos e nenas desde os 3 aos 11 anos de idade, onte martes día 21 de xuño-22, o CEIP. Labarta Pose de Baio (Zas), gozaron mais tres horas, nunha xornada matinal, de 10.00 h. a 13,30 h., cun Gran Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos. Devandito evento nesta ocasión era a súa edición terceira, pois os anteriores se habían celebrados no ano 2014 e no 2018.
Debido ás inclemencias do tempo, mañá chuviosa, a sesión estaba programada para o marco incomparable do Carballeira de Baio, pero as circunstancias cambiaron a localización e a mesma tívose que realizar no Polideportivo Municipal de Baio. A organización do evento foi desenvolto polo Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) e a Fundación Ricardo Pérez e Verdes. Toda a xornada foi dirixida polo noso director, acompañado polas monitoras Myrella Ventura e Jessica Pouse.
Podemos comentar que a xornada “ festivalera” foi un gran acontecemento para todo o centro escolar, pois tanto os seus alumnos, como a totalidade dos profesores, foi unha nota destacada, participando e colaborando en todo o alí proposto. Un centro educativo digno de mencionar, por todas as actividades que programan durante os cursos escolares, ano a ano. Sen dúbida ten algo que ver, a directora do centro Sinda Cundíns, que foi a súa proposta a que saíu adiante, para que a nosa institución levase a cabo devandito Festival. Outro feito destacado da sesión que merece un recoñecemento pola nosa banda, foi todo o claustro de profesores pola súa colaboración, axuda e participación en todo momento. Unha xornada lúdica e festiva de gran alcance promocional dos Xogos e Deportes Tradicionais Galegos, como Patrimonio Cultural de Galicia.
Felicitacións e Parabén a todos! Un gran día que será lembrado!
Leave A Comment