Un grupo numeroso de máis de 130 visitantes, hoxe recalaron no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, para realizar unha visita guiada ao mesmo. Tratábase de nenos, nenas e monitores do Campamento Urbano de Verán ESPROADE SL. do concello coruñés de Carral, cuxos compoñentes tiñan unha pinza desde os 3 aos 12 anos. Todos eles viñan acompañados dos seus oito monitores Gonzalo García, Alba París, Alex Botana, Marta Rodríguez, Ricardo López, Ana Diéguez, Elena Rodríguez, Sonia García e Diego Martín, que exercía de representante do grupo.
Ao contar cun numeroso grupo e en idades moi diversas, o mesmo dividiuse en dous subgrupos, un de pequenos e outro de maiores. Distribuídos os grupos, os pequenos iniciaron a práctica de xogos e deportes tradicionais, sempre adaptados, no campo exterior coas monitoras Jessica Pose e Ainoa Baneira e o noso director dirixiu as visitas ás salas expositivas co grupo de maiores. Despois de máis ou menos unha hora e media con cada grupo, os mesmos rotaron, do exterior ao interior do museo.
A xornada foi tremendamente curta, xa que a sesión teórica (pouca) e práctica (ampla) tívose que realizar ás alancadas, xa que o grupo dispoñía de moi pouco tempo para realizar a visita guiada. De todos os xeitos todos os compoñentes observaron, na súa quenda, as dúas salas do MELGA, aínda que cunha mirada moi superficial. Tanto os nenos, as nenas e monitores quedaron cunha sensación agridoce, pois desexaban continuar por máis tempo a sesión lúdico festiva, pero…non descartando en regresar de novo en familia ou en grupo guiado. Curiosamente, cinco compoñentes do campus, visitárannos o martes pasado, co seu centro escolar do CEIP Víctor Otero Valcárcel, da mesma localidade de Carral (A Coruña).
Leave A Comment