Desexamos informarvos que mañá venres día 19 de agosto de 2022, celebrarase o VI FESTIVAL DE XOGOS E DEPORTES TRADICIONAIS GALEGOS, nas instalacións ao aire libre da Praza Pablo Iglesias da Coruña, no barrio do Castrillón (A Coruña), dende as 18:00 até as 20:00 horas, dentro as festas estivais que o Concello da Coruña ten programadas para tódolos os barrios coruñeses. A organización do evento correrá a cargo da Asociación de Veciños Castrillón – Urbanización Soto «IAR», a Fundación Ricardo Pérez y Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
Sabedes que dende este momento estades todos/as invitados/as a participar e acompañarnos nunha sesión lúdica vespertina, de forma gratuita e con monitores especializados nos nosos xogos e deportes ancestrais. Agardámosvos! A divertirse!
Leave A Comment