Informámosvos que o sábado día 10 do próximo mes de setiembre, desde as 11,00 h. ás 15,00 h., celebraremos a XII Aberto de Billarda da vila de Ponteceso, con motivo das festas patronais da Barquiña.
A organización do presente campionato de billa, correrá a cargo da Fundación Ricardo Pérez y Verdes, do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), da Confederación Noroeste de Billarda, ASOC Eventos de Ponteceso e do concello de Ponteceso
A cita será, como en edicións anteriores, no campo de xogos do Centro Cultural do municipio pontecesano, onde está situado o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). A xornada dará comezo sobre as 11,30 h. da mañá, sabendo que con anterioridade, todos os participantes deberán efectuar obligadamente a súa previa inscrición. A mesma será gratuita. Pechada a inscrición, de forma presencial, levará a cabo os correspondentes calendarios e grupos da competición.
Cada xogador/ra deberá portar para o concurso os seus palanes e billardas persoais e calquera elemento necesario, a condición de que a regulamentación da competición permítao. Finalizada a actividade, a organización farase cargo das entrega dos premios correspondentes.
Para maior información, sobre o evento deportivo sinalado, podédesvos dirixir a: info@museomelga.com ó ricardoperezyverdes@gmail.com ó aos teléfonos seguintes: 981-71.54.42 ó 661.29.02.46.
Leave A Comment