XII Campionato de Tirabalas en Ponteceso

Informámosvos que o luns día 12 do próximo mes de setiembre, desde as 19,30 h. ás 21,00 h., celebraremos a XII CAMPIONATO DE TIRABALAS da vila de Ponteceso, con motivo das festas patronais da Barquiña.

A organización do presente campionato de billa, correrá a cargo da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), ASOC Eventos de Ponteceso e o concello de Ponteceso.

A cita será, como a última edición, na praza do RECHEO, durante a xornada do Festival de Xogos e Deportes Tradicionais que se desenvolverán no propio recinto desde as 17,00 h. A xornada dará comezo sobre as 19,30 h. da tarde e todos os participantes deberán obligadamente realizar a inscrición. A mesma será gratuíta. O peche das inscricións será o mércores día 07 de setiembre-22, antes das 14,00 h. Cada xogador/ra deberá portar para o concurso o seu tirabalas (tirapiedras, tiracroios) persoal. A organización entregará os proxectís para cada competidor. Poderán presentarse á devandita competición tiradores en categoría infantil, junior e senior (10 a 90 anos), na rama masculina e feminina.

Cada xogador/ra na primeira fase lanzará 15 proxectís sobre unha plataforma con cinco elementos, numerados do 1 ao 5. Os dous primeiros clasificados realizarán outros 15 lanzamentos e o que consiga o máximo de puntos, será o vencedor absoluto. En caso de contar con moitos participantes, confeccionaríanse varios grupos de tiradores e clasificaríanse os primeiros de cada grupo en semifinais e destes catro sairían os 2 concursantes finalistas. Finalizada a actividade, a organización farase cargo da entrega dos premios correspondentes.

Para maior información, sobre o evento deportivo sinalado, podédesvos dirixir a: info@museomelga.com ó ricardoperezyverdes@gmail.com ó aos teléfonos seguintes: 981-71.54.42 ó 661.29.02.46.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.