Visita o Melga Joaquín Hernández, un dos grandes referentes de monicreques no mundo

Outra nova sorpresa (xa van unhas cantas este ano), tivemos onte xoves 08 do presente mes de setiembre no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), coa vinda de Joaquín Hernández e a súa esposa Isabel García, que se desprazaron exclusivamente a Ponteceso para visitarnos. Procedían do seu pobo natal da Pola de Siero (Asturias) onde se atopa a súa Museu, o Taller de Monicreques.

Joaquín Hernández é o director e propietario do Museo, é como o mesmo di, son un profesional “Titiritero”, actor, escritor, contacontos, artesán, coordinador e adaíl da revista “Fantoche” , coleccionista de marionetas e monicreques de todos os continentes do mundo, de selos, de moedas, teatrillos, recortables, carteis, biblioteca especializada na temática, naipes, etc. todo aquilo que se relacione co mundo máxico da súa paixón que son os mequetrefes. Ademais do museo conta este con un Taller de Monicreques e do Teatro “Bufarda”. Os seus fondos exceden as 3.000 pezas, nas cales mais dun milleiro corresponden aos seus monicreques. Joaquín e Isabel forman un tándem perfecto xa que os moitos e diferentes de espectáculos que presentan a todos os públicos, están realizados por ambos. O museo privado, inaugurouse fai dez anos, o día 29 de xuño de 2012.

A visita matinal, guiada polo noso director, alongouse mais de catro horas, onde o percorrido polas salas do noso museo. Aínda que os fundamentos do Museu e o MELGA son moi diferentes, totalmente identificámonos plenamente coas cuestións burocráticas, políticas e económicas que ten a cultura museística do noso país.

O intercambio foi extraordinario e continuouse tratando moitos temas mais, nun xantar de traballo a tres bandas nun restaurante da vila pondaliana. Como o tempo foi escaso, Joaquín e Isabel, prometeron volver, non só ao museo, senón tamén para coñecer as contornas marabillosas da nosa vila de Ponteceso. Tamén prometeron que no noso próximo encontro, doarnos uns monicreques confeccionados por ambos os para que sexan visionadas nas nosas vitrinas expositivas.

Antes de realizar o seu itinerario cara á súa terra asturiana, Isabel e Joaquín, dedicáronnos amablemente unhas palabras, no Libro de Ouro do noso museo:

“Unha maravilla. Qué pode dicir un titiritero neste refuxio lúdico de Ricardo? Logo entusiasmo…e moitas ganas de vivir. Un pracer gozar deste espazo e do entusiasmo do seu director. Moitas grazas polo teu tempo e por transmitir a túa gran sabedoría. Isabel e Joaquín” (08/09/22)

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.