Por segundo ano consecutivo, despois de dous anos de pandemia sen celebrarse, onte sábado día 08 de outubro do presente ano-22, a Comisión de Festas de Canduas -Cabana de Bergantiños (A Coruña) e a Asociación Cultural Carmen de Canduas, tomaron o mando da festa patronal do Sacramento, para ofrecer e convidar a toda a parroquia e concellos lindeiros, á Festa do Chocolate.
Como novidade deste ano, a través do seu organizador Abel Castro, dita asociación tivo a idea de solicitar a colaboración do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) para celebrar un encontro de Xogos Tradicionais na Casa Cultural do municipio, combinando como mandan os canons, Xogo e gastronomía para unha tarde outonal espléndida.
Moitas foron as persoas que se achegaron ao recinto de xogo, cuxo inicio da sesión foi as 17,00 h. e a súa finalización, excedeu as 19,30 h. da tarde. Non faltando os xogos da ra, as andas, as chouchas, as sacas, turra da maroma, a pesca, etc., coñecidos por todos e outros descoñecidos como o tirafungueiro, a carreira de tartarugas, os buratos, etc., que tanto nenos, novos, adultos e persoas maiores (que tiveron moita aceptación) e que non deixaron de mostrar a todos os participantes e espectadores, o habilidosos que eran .
Despois do esforzo, veu a reposición de forzas, coa repartición de chocolate con churros, que de forma gratuíta regalou a Comisión de Festas e a Asociación Cultural Carmen de Canduas, a todos aqueles que se puideron achegar á festa lúdico-gastronómica, para degustar este alimento tan típico español.
Miles de grazas a estas institucións cabanesas, por retomar esta festa que tanto gusta a pequenos como maiores, desde fai moitos anos.
Leave A Comment