Na sala de conferencias da Deputación Provincial de Lugo, chea ata a “bandeira”, onte ás 20,00 h. da serán, presentouse o libro “Xogos para casa e espazos reducidos. Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida”, editado polos Servizos de Publicacións da Deputación de Lugo e cuxa autoría son os membros do Observatorio do Patrimonio Lúdico Gallego.
A primeira en tomar a palabra no acto da presentación foi a vicepresidenta Tareixa A. Ferreiro Tallón en nome da Deputación deu a benvida a todos os presentes, a continuación fíxoo Paco Veiga en nome do Patrimonio Lúdico Gallego, seguidamente Noelia Darriba representante de Xotramu, Manuela Vázquez Coto como portavoz da Universidade da Coruña e finalmente o ilustrador Iván Mouronte.
Cada un deles expuxo os seus puntos de vista, tanto da perspectiva institucional como privada, así como as súas funcións con respecto á edición do texto. A deputada conselleira Tareixa Ferreriro presentou as vicisitudes e inconvenientes acaecidos durante un longo tempo para a súa publicación e ao mesmo tempo que a institución se atopaba moi satisfeita por conseguir o fin proposto. Pola súa banda Paco Veiga agradeceu á Deputación o esforzo e interese no proxecto, así como a todos as persoas e entidades que achegaron un excelente traballo para que vise a luz este traballo. Noelia Darriba expuxo todo o proceso de elaboración, correccións, contactos, etc.; Manuela Vázquez Coto fixo referencia aos apartados e seccións do libro, así como da taxonomía dos xogos que aparecen no mesmo e Iván Mouronte expuxo as dificultades que lle xurdiron nas ilustracións, xa que pretendía que as mesmas fosen moi sinxelas, que os xogos fosen recoñecibles e atractivos para os lectores.
Non queremos deixar pasar por alto o gran labor desempeñado pola Asociación Xotramu de Muimenta (Lugo) e a súa “alma pater” Xosé Lombardero, pola organización deste acto, así como polo pertinaz traballo, insistencia e relación con diferentes membros da Deputación lucense, e como non tamén ás entidades e persoas pertencentes ao Observatorio do Patrimonio Lúdico Gallego, que naqueles momentos tan duros da pandemia, achegaron os seus saberes para que todos os nenos, nenas, novas e persoas adultas e maiores do noso país galego, puidesen entreterse nos seus longos días de enclaustramiento nas súas casas .
O noso merecido recoñecemento a todos aqueles que fixeron posible a selección e adaptación dos xogos que aparecen neste recompilatorio: Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT); Apolinar Varela, investigador da Universidade de Navarra; Asociación de Xogadores de Chave de Santiago; Xogos Tradicionais Muimenta (XOTRMU); Manuela Vázquez Coto Investigadora Universidade da Coruña, Brinquedia. Rede Galega do Xogo Tradicional e ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
O poder de convocatoria que conlevou a presentación deste primeiro libro sobre xogos tradicionais en Galicia, marca un antes e despois, xa que se reflectiu pola inmensa cantidade de público asistente ao acto. Non faltaron profesores, mestres, políticos, investigadores, asociacións, federacións, artesáns, empresarios fabricantes de xoguetes… e moito público en xeral interesados na temática tratada.
Finalizado o acto, en nome da Deputación de Lugo, fíxose entrega a cada asistente ao acto dun exemplar gratuíto, cuestión que os presentes agradeceron enormemente. Outra da misión da entidade será obsequiar un exemplar a todas as bibliotecas escolares, públicas e privadas galegas.
Leste mesmo acto, como o realizado onte en Lugo, levará a cabo por todo Galicia e nestes momentos, as sedes próximas seleccionadas serán Ferrolterra, Santiago, Melide e Ponteceso. As datas daranse a coñecer prontamente a través das redes sociais e medios de comunicación oral e escrita.
Como curiosidade sobre este cuestión debemos comentar que o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) propuxo no seu tempo ao concello de Ponteceso e á Deputación da Coruña, para que este publicación levase a cabo no noso museo, pero non frutificou polo desinterese por parte das institucións públicas coruñesas e ao final o “gato á auga” levoullo XOTRAMU, Muimenta e a Deputación de Lugo, sen dúbida moi merecidamente. Felicitacións!
Leave A Comment