Hoxe o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) tivo sesión ao completo, xa que pola mañá recibiu a un grupo de Vimianzo o CEIP Baiñas para realizar unha visita guiada ao museo, que durou desde as 10,30 h. ata as 14,00 h. e pola tarde o noso director, foi convidado o programa en directo da televisión galega “Quen anda aí?” para falar sobre o mundo das buxainas, trompos, perinolas e perindolas, no día de Martín, santo dos peonceros.
Durante a sesión, Ricardo Pérez e Verdes, foi entrevistado polos presentadores do programa, non faltando “platicar” sobre a historia deste xoguete universal e milenario, as clases ou variantes destes artefactos giratorios, materiais dos mesmos e… finalmente non faltou a demostración práctica correspondente, bailando as diferentes modalidades diante do público presente no estudio. Por descontado os entrevistadores, tentaron bailar algunha delas pero…sen fortuna. O MELGA tamén realizou unha pequena exposición, participando con preto dunhas cincuenta buxainas de todo o mundo e de diferentes etapas da historia, como apoio do que alí se trataba. Tamén se falou do FESTIPOPEÓNS, que mañá sábado, teremos nas instalacións do Centro Cultural /MELGA, desde as 11,00 h. ofreceremos un gran festival deste xogo tan marabilloso e embrujador.
Aproveitando que tiñamos convidado ao FESTIPOPEÓNS ao campión mundial de 2009 de buxainas o mexicano Omar Púe, para realizar unha exhibición e demostración das súas habilidades, acompañou a Ricardo Pérez nos estudos televisivos, realizando unha variedade de trucos coa buxaina moderna de plástico, que deixou marabillado ao público presente e aos propios presentadores. Esperamos que mañá Ponteceso envórquese en estar presente nun espectáculo único, que ninguén debe deixar de presenciar.
O pregón deste ano de 2022, escrito polo coruñés profesor e coleccionistas de buxainas LUÍS RAMAS, será lido polo autor ás 12,00 h. da mañá, entre competición e competición.
Leave A Comment