Como todos os anos por estas datas, o centro escolar CPR. Manuela Rial Mouzo do veciño municipio de Cee, hanse traslado ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, e a de hoxe contabiliza a oitava vez, desde que alá polo 2014 iniciaron a súa andaina con visitas guiadas ao museo. Só deixaron de visitarnos, os dous anos de pandemia.
Nesta ocasión o grupo estaba composto de preto de 30 alumnos e alumnas de 5º de primaria, con idades comprendidas entre os 10 e os 11 anos. Todos viñan acompañados dos seus profesores/titores Ronsel Vila e Abraham Ríos que representaba do centro e á propia actividade extraescolar colexial.
A actividade desenvolveuse na mañá de hoxe venres día 09 de decembro, cunha duración aproximada ás dúas horas e media, pois non se puido contar con máis tempo, debido ao axustado que tiñan os seus horarios de transporte, docente e de alimentación.
Un grupo extraordinario, moi disciplinados, moito interese pola obtención de coñecementos, totalmente participativos e sen dúbida inmensamente competitivos, aínda que non batesen ningún record, pero iso si, tentárono con todas as súas forzas.
Aínda que a limitación de tempo prexudicou en gran medida á segunda sala, tanto profesores como alumnos, comentáronnos que para o terceiro trimestre propoñerían á dirección do centro, que se repetise a visita guiada, pero esta vez soamente a sala segunda. Así que quedan de novo emprazados para o mes de abril ou maio do próximo ano 2023. A competición da xornada lúdica recaeu no neno de 10 anos Jorge Méndez que levou as buxainas, canicas e xogo de tres en raia que a institución e o MELGA adoitan doar aos vencedores.
Como dato anecdótico, un dos alumnos chamado Gonzalo, que viñan co grupo, ademais de que era a súa segunda visita, casualmente era o neto e fillo de Gonzalo Rodríguez e Tatiana Rodríguez respectivamente, os grandes mecenas da Costa da Morte de Suministros Lar de Cee, que foron os que achegaron os 11 murais de azulexos sobre “Xogos Tradicionais” e que se atopan expostos no campo de xogo da entrada do Centro Cultural pontecesano, e que tanto embelecen o noso recinto museístico e que son admirados por todos os visitantes á vila de Ponteceso e en especial ao museo.
Leave A Comment