Despois dun larguísimo proceso de elección de candidatos para o Premio Consello COLEF 2023, o luns día 23 do presente mes, os membros do Pleno do Consello Xeral da Educación Física e Deportiva Nacional (Consello COLEF), votaron as dúas candidaturas ao Premio á traxectoria a unha excelente profesionalidade.
Na acta do xurado reza o seguinte:
O alto nivel das dúas candidaturas presentadas polos Colexios Oficiais Autonómicos, provocou uns resultados de votación moi axustados entre D. Alfred Novo Pérez profesor do INEF-Lérida (Cataluña) e D. Ricardo Pérez e Verdes presidente da súa Fundación e director do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso (Galicia).
O proceso para acceder a ser candidato autonómico iniciouse alá polo mes de novembro do pasado ano 2022. O aspirante ten que ser membro do colexio, presentado e avalado polos seus propios compañeiros e compañeiras de profesión. Deberá a continuación a candidatura ser presentada no Colexio Oficial de Profesores de Galicia, achegando un dossier completo do aspirante co seu “currículo”, así como a súa actividade laboral e profesional. Só poderán exercer devandito voto os 1.014 afiliados que neste momento conta a nosa entidade. Recibidas todas as candidaturas, despois dun mes de votacións, a candidatura presentada polo colectivo da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF-Galicia), o candidato final seleccionado recaeu no noso presidente/director Ricardo Pérez e Verdes, en representación de Galicia.
Despois deste proceso realizado en todas as comunidades autónomas de España, os colexios oficiais autonómicos, remiten as correspondentes candidaturas ao Consello Xeral da Educación Física e Deportiva de España e alí decidirase quen será os dous candidatos finalistas que máis votos recibisen. Terán dereito a voto as 26.043 papeletas doutras comunidades autónomas, 1.014 en Galicia, facendo un total de 27.057 votos que poderían emitirse.
Despois das consabidas deliberacións do Consello Xeral do COLEF Nacional, na votación plenaria ha resultado como gañador do Premio COLEF 2023 o profesor Alfred Novo Pérez, candidato da Comunidade Autónoma de Cataluña.
Sabido o resultado final do galardón, Ricardo Pérez e Verdes remitiu un comunicado a todas aquelas persoas que traballaron incansablemente para que se fixese posible esta candidatura, expresando a súa eterna gratitude nun pequeno extracto sacado do mesmo.
…aínda que non puido ser, fagamos gala do “xogo limpo” que distingue ao noso colectivo e felicitemos merecidamente ao galardoado. Só me queda un pesar, e é non estar á altura das expectativas que todos depositarades en min. Síntoo enormemente por vós porque realizastes un traballo magnífico do cal síntome amplamente recompensado. Po o que vos pido humildemente desculpas. Para min o ser seleccionado, primeiro por vós, polos meus xenerosos compañeiros e despois polo noso Colexio Oficial de Profesores de Educación Física de Galicia (COLEF-Galicia), foi todo unha verdadeira honra e fixo que me senta inmensamente satisfeito e orgulloso de ter a oportunidade de representar a Galicia nun foro tan importante a nivel nacional…
Leave A Comment