Fai xustamente seis anos, en marzo de 2018, cando o CEIP. Eduardo Pondal de Ponteceso, visitou o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), por última vez. Nesta ocasión, lúns día 06 de marzo-23, foi un grupo de preto de corenta persoas, que pertencían aos cursos de primeiro e segundo de primaria de educación infantil, cuxas idades estaban comprendidas entre os 6 e os 7 anos de idade. Todos eles viñan acompañados polas súas profesoras titoras Noelia Fraga, Lorena Fernández, así como as profesoras de apoio Sarai Pico e Pilar García e Mónica Cancela que exercía de representante e coordinadora do grupo.
A xornada matinal tivo unha duración de tres horas e media aproximadamente, onde non faltaron os cómic-vídeos do museo, as explicacións do guía, nin as prácticas dos xogos de interior adaptados ás súas idades. Aínda que o tentaron non conseguiron ningunha marca destacable, aínda que puxeron moito empeño niso. Grupo moi participativo, entusiasta e moito interese en todo aquilo que se lles expoñía. Para as profesoras era a súa primeira asistencia ao recinto museístico, pero algún dos alumnos/as (poucos), era a súa segunda vez en visitarnos (non co centro senón cos seus pais).
O que parece paradoxal é que, sendo un centro de Ponteceso e se iso engadimos que están exentos de taxas (por convenio do concello e a Fundación RPyV), estivese tantos anos para visitarnos de novo, sabendo que outros centros mais distantes do noso municipio e das nosas instalacións, viñesen ata doce vez nun ano ou que cada curso escolar a súa cita anual sexa o MELGA. Incomprensible ! pero… certo!
Leave A Comment