Ricardo Pérez y Verdes, galardoado co Premio Especial do COLEF de Galicia 2023

No día de onte, o presidente da Fundación RPyV e director o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), Ricardo Pérez Verdes, foi distinguido co Premio COLEF-Galicia 22023, na súa mención especial, que outorga o Colexio Oficial de Licenciados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (COLEF) de Galicia, no seu 40 Aniversario. Os Premios Colef levan outorgándose desde a creación da Institución, en 1983.

Segundo consta na acta do xurado, o galardón outorgado ao doutor/profesor Ricardo Pérez e Verdes foi en recoñecemento á súa profesionalidade, á súa entrega e dedicación plena, durante máis de 50 anos, ao mundo da Educación Física e Deporte, así como aos Xogos e Deportes Tradicionais. No últimos dez anos, o galardoado centrou a súa actividade na creación da Fundación que leva o seu nome, ademais da posta en marcha do Museo do Xogo e do Deporte (2013), no concello coruñés de Ponteceso (Galicia).

O acto de entrega do premio, será o vindeiro sábado día 18 do presente mes de marzo-23, ás 19,30 h. no Salón de Actos do Edificio CERSIA, na capital de Galicia Santiago de Compostela. O premio será entregado polo presidente do Colexio Oficial de Profesor de Educación Física e Deportes (COLEF) de Galicia don Henrique Xoán Rodríguez Pampin.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.