Visitanos un xogador profesional de hockey sobre patíns nacional

Este mércores pasado ha tido a ocasión o noso director Ricardo Pérez e Verdes de recibir no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado en Ponteceso, a nova fichaxe do xogador internacional do Deportivo Club Hóckey Liceo da Coruña que milita na OK Liga de España, Arnau Canle Truy.

O mozo xogador de 22 anos de idade, nacido en Sant Hipólit de Voltregá municipio da provincia de Barcelona, onde se formou deportivamente desde a súa nenez no club Voltregá, ata aterrar na cidade da Coruña. Foi o xogador máximo goleador da pasada tempada, xogador internacional, participante en copas de Europa, etc.

A súa visita ao MELGA viña precedida da tarxeta de visita da Universidade de Vic (Barcelona), da Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, onde é alumno e atópase finalizando a Licenciatura ou Grao. Ao non poder realizar a materia de Xogos e Deportes Tradicionais de maneira presencial, como se esixe na materia, a única solución sería realizar a mesma, a través dun traballo investigativo titulado “Os enredos ou brinquedos lúdicos no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Análise comparativa entre as Comunidades Autónomas de Cataluña e Galicia” no noso museo.

Por tanto, Arnau desprazouse ao museo pontecesán, para comprobar e coñecer “in situ” o seu posible futuro lugar de traballo vespertino e ao mesmo tempo coñecer ao director do mesmo, xa que durante os dous próximos anos, conta con ficha no club Liceo, residirá na Coruña e así podería realizar a materia de maneira constante e presencial. Por decisión do profesor Victor Baroja, profesor de xogos tradicionais da Universidade de Vic, Ricardo Pérez e Verdes, sería desde este momento, o seu Titor Académico, ata finalizar o seu estudo sobre os enredos ou brinquedos lúdicos na idade infantil das dúas comunidades e a súa cualificación final.

Outra experiencia nova no MELGA, pois con Arnau será o quinto alumno universitario que finaliza os seus estudos nas nosas instalacións museísticas, aínda que nesta ocasión será unha tutorización e intercambio entre dúas Universidades españolas. Para Ricardo será un novo reto na súa vida profesional que acomete cunha gran satisfacción. A experiencia final, supoñemos positiva, teremos a ocasión de comunicala chegado o momento.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.