Despois da sesión realizada a primeira hora da mañá ao MELGA, sobre ás 11,15 h. chegoulle a quenda á segunda sesión de visita guiada do mesmo centro, pero neste caso, tamén se achegaban aos trinta “estudantes”, eran de 2º e 3º de ensino infantil, con idades comprendidas entre os 4 e 5 anos. Viñan acompañados polas súas titoras Elena Franco (2ºEI) ,Beatriz Méndez (3º EI) e a profesora de apoio Susana Couso. Este grupo de “maiores”, como din eles, realizaron o mesmo percorrido que o grupo dos máis pequenos, con xogos iguais e outros diferentes adecuados á súa condición física. Aínda que estes tentaron bater algunha marca en varios xogos, non conseguiron ningún deles, pero seguiranos tentando.
Sobre as 13,30 h. finalizou a sesión, esperando que as “profes” volvesen levar de novo ao museo, porque lles gustaba moito. A continuación desprazáronse en autobús ao centro docente pontecesano. O mesmo comentaron as profesoras, que era a súa primeira vez en visitarnos, que lles parecía extraordinariamente proveitoso, que non tardarían tanto tempo sen vir e que nos visitarían de novo, pero individualmente ou coa familia.
Un “dobrete” intenso o realizado no MELGA, nunha xornada lúdica moi especial de final de inverno.
Leave A Comment