Un cento de mozos ourensáns visítannos por primeira vez

Un grupo numeroso procedente da cidade de Ourense, hoxe luns día 20 de marzo do presente ano 2023, visitaron por primeira vez o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e o municipio de Ponteceso. O grupo compoñíano preto dun centenar de alumnos e alumnas do colexio privado Santa María Maristas Ourense, catro grupos de 1º da ESO con idades comprendidas entre os 12 e 13 anos de idade, que viñan acompañados polas súas titoras Alba Muñoz, Elisabeth Novoa e Silvia Iglesias e Pablo Suárez como profesor de educación físico-deportiva (exalumno do noso director) que exercía de representante do centro e organizador da actividade.

 

Un cento de mozos ourensáns visítannos por primeira vez

 

Debido a longo prazo distancia do seu desprazamento, a sesión teórico-práxica deu comezo cun pouco de atraso, porque ademais perdéronse (desorientaron) da localización do propio museo. Foron de todos os xeitos tres horas de visita guiada con Ricardo Pérez e Verdes e coa profesora Manuela Vázquez Coto que colaborou na parte práctica dos xogos e deportes tradicionais. Ao ser un grupo moi grande, a sesión dividiuse en dous grupos, pois mentres uns realizaban a parte teórico-práctica co guía nas salas do museo, os outros se atopaban no campo exterior de xogos do Centro Cultural pontecesán e despois alternaron os seus lugares de aprendizaxe.

 

Un cento de mozos ourensáns visítannos por primeira vez

 

Todos os asistentes comentaban que a visita lles había parecido moi curta, xa que só puideron coñecer, a primeira sala do museo, a correspondente á dos xogos e deportes tradicionais, pero en cambio desenvolveron xogos e deportes de exterior que moitos grupos non os realizan. Un grupo moi disciplinado, participativo e interesado en todo o que se lles transmitía. Aínda que a distancia era ampla (case dúas horas de viaxe), non dubidaban en repetir, tanto profesores como alumnos, que a súa próxima segunda vez estaba próxima, para totalizar o que non se puido completar.

Como o día era espléndido, recomendóuselles aos profesores que, Ourense ao ser unha cidade interior, o xantar podería ser na praia de Balarés, no magnífico piñeiral, onde poderían seguir xogando ao aire libre e posiblemente, mollarse os pés nas refrescante augas do mar atlántico. Así o fixeron e que ben o gozaron! Sendo as 16,00 h. regresaron ao seu centro ourensán, lembrando a súa intensa e extensa xornada lúdica nun municipio que non coñecían, visitando ademais a Casa de Eduardo Pondal, o Monte Blanco e a Pedra da serpe. Un recordo inesquecible!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.