Despois de efectuar unha rápida visita dun centro escolar finisterrán, á primeira hora da mañá ao Dolmen de Dombate, no concello de Cabana de Bergantiños, a continuación o grupo dirixiuse a Ponteceso para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Os compoñentes do mesmo, eran unha trintena de nenos e nenas de ensino infantil, con idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos, do Colexio Privado Nosa Señora do Carmen do municipio de Finisterre, que viñan acompañados das súas mestras-titoras Elisa Álvarez, Ángeles Martínez, Yoli Velay e Rosa María Silva coordinadora e organizadora da visita ao museo. Facía oito anos (2016) que o centro docente non repetía unha asistencia ao museo pontecesán.
Cun pouco máis de dúas horas, xa que o grupo contaba cunhas idades moi pequenas e o grupo era moi heteroxéneo, o percorrido por ambas as salas prodigouse máis na parte práctica que na teórica, como é de supoñer. Un grupo inmensamente inquieto, pero moi participativo. Finalizada a visita, a coordinadora do grupo solicitounos a posibilidade de realizar o “picnic” (xantar) nalgunha zona do mesmo. A dirección do museo tivo a ben habilitar un espazo do Centro Cultural, para que repuxesen forzas, un pequeno descanso, para logo desprazarse a Vimianzo para coñecer o Castelo. Unha xornada moi aproveitada, moi intensa e extensa, para uns nenos tan pequenos! Uns héroes e heroínas!
Leave A Comment