Un grupo escolar de Carral (A Coruña) visítanos por primeira vez

Onte desprazáronse a Ponteceso, para visitar por primeira vez, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), un grupo de sesenta alumnos/as e profesoras/é do CEIP. Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel do concello coruñés de Carral, todos eles de 4º de primaria de 9 anos de idade, que viñan acompañados polas súas profesoras/é titores/as Carmen Pardo, María José Zapata, Bea Moscoso, Emilio González e David Pardo profesor de educación física e deportes, organizador e responsable da actividade e exalumno universitario do noso director.

Aínda que o tempo dispoñible que propuxeran o centro fora moi curto, pouco mais de dúas horas, o percorrido polas salas foi ao completo, pero como se pode supoñer, cunha rapidez inusual. Tanto alumnos como profesores propoñían que a sesión lúdica debería ser unha xornada de mañá e tarde, realizando un “picnic” nas instalacións do Centro Cultural ou ben na praia de Balarés, como lles recomendabamos a dirección do museo.

Un grupo escolar de Carral (A Coruña) visítanos por primeira vez

 

Para a maioría dos visitantes era a súa primeira vez, aínda que cinco alumnos, coñecíannos xa do verán pasado de 2022, pois habéndose #se no Albergue de Cabana de Bergantiños nun campamento urbano, unha das xornadas planificadas fora achegarse ao MELGA para realizar unha visita guiada ao mesmo. Un grupo moi participativo, competitivo e moi disciplinado. Entre o grupo docente, atopábanse dous nenos (unha nena e un neno) con diversidade funcional, que de maneira inclusiva, participaron en todos aqueles xogos adaptados, que tiñamos planificados. Admirable a actitude de ambos!

Un grupo escolar de Carral (A Coruña) visítanos por primeira vez

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.