En sesión matutina, onte sábado día 25 de marazo-23, tivemos a oportunidade e o gran pracer de recibir, despois de varios intentos, no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado en Ponteceso , a visita de Carmen Fernández Rivera e Ana Valiño, dúas persoas, que desde hai moitos anos estiveron vinculadas ambas as ao mundo da arte en Galicia. Na visita estivemos acompañados con Lola Roel, vicepresidenta da Fundación Ricardo Pérez e Verdes.
Por unha banda Carmen Fernández, nestes momentos xubilada, foi a xerente e directora durante os últimos 13 anos, (2005-2018) ata o peche definitivo por parte da empresa Naturgy no ano 2018, do Museo de Arte Contemporánea (MAC) da Coruña, antes coñecido como MACUF (Museo Arte Contemporánea Unión Fenosa). O seu curriculum aválaa, polas numerosas montaxes de exposicións realizadas, os comisariados presididos, conferencias dadas, polos seus talleres artísticos, polas súas bolsas artísticas nacionais como no estranxeiro, para novos valores, xurado en diferentes concursos de pintura e escultura, etc. , sen dúbida, foi e segue sendo un referente e experta no mundo da arte contemporáneo.
En canto a Ana Valiño licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha longa traxectoria no xornalismo, locutora de radio con diferentes programas sobre a vida artística da cidade e crítica de arte en diferentes medios de comunicación escrita.
Toda a mañá, dedicárona a percorrer amplamente as salas do museo, guiadas por Ricardo Pérez e Verdes, o noso director, que as levou polas mesmas, introducíndoas coas súas explicacións, no mundo marabilloso dos xogos e deportes Tradicionais, e tamén, sobre todo, na orixe, historia e a arte dos mesmos, que a ambas tanto lles apaixona. Unha xornada de case dúas horas que lles pareceron cortísimas, aínda que desexaban repetir de novo dita extraordinaria experiencia. Finalizada a visita guiada, as ilustres visitantes asinaron no “Libro de Ouro” do museo deixándonos as seguintes palabras:
“O noso maior respecto a Ricardo e á Fundación que preside, pola súa vocación, entrega e amor polo xogo e deporte tradicional, pola súa xenerosidade ao abrir a súa gran colección a visitantes e escolares e pola súa plena dedicación a transmitir os seus coñecementos. Foi un gran pracer visitar este museo e gozar da compañía de Ricardo e Lola. Os nosos agradecementos. Carmen e Ana.”
Despois dun xantar nun restaurante pontecesán, en compañía de Ricardo e Lola, realizaron unha pequena excusión pola zona, coñecendo a vila de Ponteceso, os seus lugares emblamáticos, la Casa de Eduardo Pondal, o Monte Blanco, a praia de Balarés e o seu piñeiral e finalizamos a xornada en Roncudo e a aldea de Corme.
Leave A Comment