Hoxe visitounos por primeira vez o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), un centro escolar procedente do concello de Coristanco, o CEIP. de Bormoio-Agualada , cun grupo moi heteroxéneo e numeroso, preto dos cen nenos e nenas, en idades comprendidas entre os 3 e os 11 anos, desde o ensino infantil ata o último curso do ensino primario. Viñan acompañados das súas sete profesoras e profesores titores Alba Alvedro, Lorena Fariña, Asier Fraga, Marta Neira, Diego López, Laura Ponche e a súa directora Olallla Formoso
A xornada matinal transcorreu cunha exquisita atención e participación extraordinaria. Aínda que a visita foi moi curta, un pouco máis de dúas horas, visitaron aínda que dunha maneira rápida, abrigo a segunda sala, podendo darlle unha visión moi xeral a ambas. Aínda sendo un grupo moi heteroxéneo, todos estiveron á altura que se lles propoñía. Aínda que o tentaron en moitas ocasións, realizar algunha marca para a posteridade, non obtiveron o resultado empeñado. Tampouco houbo gañador nesta ocasión da visita guiada.
Todos estaban convencidos de que había que volver, ben particularmente ou de novo cos dous ciclos de educación infantil e educación primaria, pero con máis tempo. Todos quedaron asombrados do que escoitaran e practicaran durante o tempo que permaneceron no MELGA. Felicitacións tanto a alumnos como a profesores por esta velada lúdica galega.
Leave A Comment