Se o mércores pasado día 19 do presente mes de abril, recibimos no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), a unha trintena de nenos e nenas de 3º a 6º de primaria (8ª 11 anos) do centro escolar de Corme CEIP. As Forcadas, e despois duns anos sen visitarnos, hoxe, unha semana despois recibimos ao mesmo centro pontecesán, cun número igual que o pasado de trinta discentes, pero nesta ocasión correspondían aos cursos de 1º e 2º de educación primaria, en idades entre os 6 e 7 anos de idade e un grupo moi reducido (5) de educación infantil (3 a 5 anos). Todos eles estaban acompañados polos seus mestres e mestras titoras Claudia Periscalmato, Cristina Carballal, Raquel Domínguez (coidadora) e o seu director Manuel Caridad.
Máis de dúas horas e media de percorrido polas salas do museo, tanto profesores como alumnos, desenvolveron en profusión, tanto teórica como practicamente, todas as actividades programadas para a xornada lúdica. Aínda que se aplicaron ao máximo no afán de conseguir dalgunha marca destacable nos xogos na sesión, non lograron o éxito, aínda que lle tentaron con paixón e afán. Estamos, sinceramente, moi satisfeitos do grupo, pois o número de compoñentes era moi adecuado e polas idades moi parellas, por tanto, a xornada, foi moi levadía e ordenada, podendo efectuar todos os xogos a un ritmo adecuado. O campión da visita foi para o neno de 9 años Xosé Parada, que consiguió os agasallos que a dirección ten previstos para os acertantes das preguntas efectuadas sobre as actividades realizadas no museo.
Un dos profesores, en nome do centro, agradeceu persoalmente a Ricardo Pérez y Verdes a visita e en nome de todos os presentes, dedicou unhas palabras que reflectiu no libro de visitas do MELGA:
“Moitas grazas por recordarnos importante que e xogar sempre”. CEIP. As Forcadas (26-04-23)”.
Leave A Comment