O centro escolar privado CPR. Andaina, da Coruña, desprazáronse no día de hoxe martes 09 do presente mes de maio-23 a Ponteceso, para realizar unha visita guiada, cun grupo de trinta alumnos e alumnas de 4º de educación primaria (9 e 10 anos) e acompañados pola súa profesora de apoio Andrea Mañá e a súa profesora-titora, Cristina Corgo representante do grupo e organizadora da “excursión” ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
Cun tempo amplo dispoñible, un número de participantes ideal e un nivel de coñecementos importante para a súa idade, excedemos as tres horas e media de visita guiada, non deixando ningún tema sen tocar, desde a exposición de murais de azulexo no “terranium” exterior do Centro Cultural, as dúas salas en profundidade (teórica e practicamente), a xornada foi cualificada como excelente, pois facía tempo que non tiveramos unha dispoñibilidade así en todos os aspectos.
Aínda que puxeron un gran interese, non puideron obter ningunha marca sobresaliente nas prácticas organizadas dos xogos, pero achegáronse en varios deles. En vista de que a totalidade dos compoñentes acertaban as preguntas realizadas polo guía, tanto profesoras como a dirección do museo, tomaron a decisión de que os agasallos persoais do premio, pois habería que darllos a todos, concedéuselle á toda a clase, para goce xeral.
Unha xornada lúdica matinal moi importante. Despois da visita ao MELGA, todo o grupo desprazouse ao Monte Branco para coñecelo, pois o tempo acompañaba e sacando as súas “viandas” xantaron e seguiron divertindose con aqueles xogos aprendidos na visita, no Piñeiral de Balarés. Unha xornada moi completa.
Leave A Comment