Se onte martes recibimos nas instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), cuxa sede se atopa en Ponteceso, unha trintena de alumnos e alumnas de cuarto “B” de ensino primario, do colexio privado CPR Andaina da Coruña, para realizar unha visita guiada, hoxe mércores día 10 de maio-23, recibimos de novo ao mesmo centro escolar, con outra quenda de trinta compoñentes, aínda que agora o grupo correspondía ao 4º “A”. Viñan acompañados pola súa profesora-titora Clara Martín que era a súa primeira vez en visitarnos e a profesora de apoio Andrea Mariña que asistira onte e hoxe repetía de novo.
Co mesmo esquema de onte, tanto na organización do traballo, tempo dispoñible e un número ideal para o desenvolvemento dunha visita guiada, as máis de tres horas e media levadas a cabo para as mesmas resultoulles curta, aínda que iso se, moi divertida, entretida e entusiasmados por ter a ocasión de visitarnos. Tanto é así, que ao finalizar o percorrido polo museo a súa titora comentounos: “No centro docente, sempre están pendentes da merenda, da comida, do descanso, etc. e nesta ocasión non oín a ninguén solicitar ningún destes apartados, aínda así pasando máis de tres horas e media de teoría e práctica. Sen dúbida iso é síntoma de que o pasaron moi ben”.
Ademais por parte da súa titora, tamén nos comunicou que facía varios anos que tentara o poder asistir a unha visita guiada e non o conseguía e hoxe por fin! a súa dita fora satisfeita, quedando marabillada do recinto e das pezas expostas e que sen dúbida… repetiría proximamente.
Como curiosidade temos que comentar, que o colexio CPR Andaina coruñés, ostenta o record de visitas guiadas ao noso museo, en total foron 10 grupos, desde que no 2021, iniciaron a súa andaina polo MELGA e que non deixan de asistir cada ano nesta cita anual.
Leave A Comment