Desde o ano 2017 por estas datas primaverais, o centro escolar do CEIP. Santa Eulalia do concello de Dumbría (A Coruña), non nos visitaban ata hoxe venres día 26 de maio-23. Os compoñentes do grupo moi heteroxéneo, xa que eran nenos e nenas de educación infantil e de educación primaria. As súas idades estaban comprendidas entre os 3 aos 9 anos e en total dos cinco grupos presentes, excedían o medio centenar e viñan acompañados dos seus profesores/as-titores/as Verónica Tajes, Yoel Álvarez, María Pilar Domínguez, Susana Capelo, Mari Carmen Suarez e Emma Rodríguez representante do grupo e organizadora da actividade extraescolar.
Para a maioría dos asistentes, nenos e profesores, era a súa primeira vez en desprazarse a Ponteceso para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), soamente os nenos e nenas de 4º , eran os únicos sobreviventes da visita realizada facía seis anos, do mesmo xeito que a coordinadora de grupo Emma Rodríguez.
Máis de tres horas que durou o percorrido polas dúas salas expositivas do museo, entre as explicacións teóricas, prácticas do director-guía e un pequeno receso para coller forzas e descanso ao ser nenos/as moi pequenas/os, todos os asistentes gozaron dos xogos programados con gran entusiasmo e competitividade. Un grupo extraordinario, sabendo das dificultades que entrañan os grupos tan numerosos e tan dispares en idades. Todos responderon con admirable enerxía e paixón.
Curiosamente ao final da visita, un a un (polo xeral fano en grupo), despedíronse de Ricardo, comentándolles que a pasaban “guay” e que lles gustaba moito o museo. Os profesores de igual maneira, trasladaban ao noso director que eles “Que coñecían o museo de Allariz (Xoguetes) e o de Santiago (MUPEGA) e este non podía ser comparado con ningún deles. Porque este é… excepcional e marabilloso”
Despois de finiquitado a visita, pasadas as 14,30 h. da tarde (a sesión iniciárase ás 11,00 h. en punto), todos os visitantes desprazáronse en autobús colexial ao Piñeiral de Balarés, para seguir xogando e xantar todas as viandas que os seus “papas” habíanlle preparado para a excursión. Unha xornada completa, ademais o tempo acompañounos.
Leave A Comment