UN MES DE MAIO COMO PROTAGONISTA PRINCIPAL A PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Aínda que as actividades lúdicas que o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, na provincia de Pontevedra iniciáronse o día 21 de abril do presente ano, co XXIV Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o día 1 de maio as nosas entidades pontecesás, desprazáronse á cidade do Lérez, para realizar o I Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos e do mundo, no Recinto Feiral do Pazo da Cultura, continuou coa Exposición de “Xogos do mundo e o mundo dos xogos” que durou preto de 20 días, logo viñeron visitar o museo, un grupo numeroso de persoas maiores da Asociación Cultural e Veciñal Amizade de Rebordechán-Crecente e onte martes, en xornada matinal, recibimos outro colectivo pontevedrés despois dun ano de ausencia (03 maio de 2022). 

O grupo compoñíano 30 alumnos e alumnas de primeiro curso do ciclo superior de Educación Infantil da Asociación Familiar Agraria (EFA) A Cancela das Neves. Curiosamente entre o alumnado, soamente contabilizábanse dous alumnos, xa que os demais correspondían á rama feminina. Devanditos discentes viñan acompañados polas profesoras-titoras Noemí Lago e Aida Domínguez que representaba ao centro e coordinaba a actividade. 

A sesión deu inicio cun pouco de atraso, sobre as 12,00 h. aproximadamente, polo longo desprazamento realizado desde o seu destino a Ponteceso. De todos os xeitos, a visita durou preto de tres horas, destacando o gran interese por parte de todos, na parte teórica, non deixaron de obter imáxenes e de anotar nos seus móbiles todo aquilo que lles proporcionaba o guía e na parte práctica, competindo co director do centro e cos seus propios compañeiros. Do mesmo xeito que o ano anterior, un grupo extraordinario, que chegaban ao MELGA por primeira vez para coñecelo. 

Os futuros docentes de ensino infantil, deixaron os seus parabéns no libro de visitas do museo, agradecendo a gran xornada lúdica exercida así como o coñecer un museo tan orixinal e impresionante. Desexando regresar de novo nas vacacións estivais. 

Finalizada a visita, a dirección do centro museístico, habilitou un espazo para que todos os alumnos e profesores puidesen xantar nas nosas instalacións e a continuación realizar un percorrido polos lugares máis paisajísitcos da vila pontecesá (paseo marítimo, casa de Pondal, Malecón, praia de Balarés, Corme, etc…) e a continuación regresar de novo cara Pontevedra.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.