REGRESAN DE NOVO AO MELGA O CENTRO ESCOLAR ARTAI DE CARBALLO

A última vez que nos visitou o CPR. Plurilingüe Artai do concello de Carballo foi o 19 de outubro de 2019, antes do inicio da pandemia, é dicir, xa case seis anos, pero hoxe tivemos a oportunidade de recibirlles de novo, cun grupo de máis de cincuenta alumnos e alumnas de primeiro e segundo curso de ensino primario, en idades comprendidas entre os 6 e 7 anos de idade e que viñan acompañados dos seus profesores titores Sergio Pouse, Sara Díaz e Fina García como representante e coordinadora do grupo.

 A visita guiada realizouse en xornada matinal de 10,00 h. ata as 14,00 h. preto das catro horas de duración, onde ordenadamente, mantivéronse en atención durante todo o percorrido da mesma. Un grupo francamente moi disposto, dinámico e con moitas ganas de xogar, xogar e xogar. Tentaron por todos os medios conseguir un record nalgún dos xogos presentados pero non foi posible conseguir algún deles. O comportamento foi sobresaliente. Deulles tempo a tratar con intensidade todos os xogos programados para a sesión: futbolín, ás casas, o burro, o tirar ao pau, o pau, o prato, carreiras de tartarugas, o zurriagazo, #etc…Moitos deles “dobre sesión” xa que só solicitaban unha e outra vez o repetir os xogos ensinados. 

Finalizada a sesión teórica-práxica da sesión, o grupo desprazouse en autobús en dirección de Carballo, para xantar no comedor do centro docente. Algúns dos alumnos/as e profesores asinaron no libro de visitas, comentando: “o habemos pasados “divino” e o museo é moi “chulo”.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.