UN CENTENAR DE NENOS/AS E PROFESORAS CORUÑESES VISITAN POR PRIMEIRA VEZ O MELGA EN PONTECESO

Aínda que non era a primeira vez en realizar actividades o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso con este centro que hoxe nos visitou, pois facía uns cuantos anos, en varias ocasións, levamos ao devandito centro escolar coruñés, Festivais de Xogos e Deportes Tradicionais nas súas instalacións docentes para gozar de todo o alumnado como festas finais de curso académico. Ata hoxe xoves día 08 do presente mes de xuño-23, por fin, recibimos por primeira vez, en xornada matinal de 10,30 h. as 14,00 h., no noso museo a preto dun centenar de alumnos e alumnas do Ceip. Plurilingüe de Prácticas (antiga Aneja da Escola de Maxisterio) así como ás súas seis titoras/profesoras Remedios Budiño, Pilar Vilamor, María José Novo, Tamara Taboada, Laura Vilas e Loreto Vázquez que representaba e coordinaba a actividade e a Pili González que era a coidadora dunha nena con disfuncións intelectuais. O grupo infantil correspondía a dous grupos de 3º, un grupo de 4º e un grupo de 5º do ensino primario cuxa franxa de idade estaba comprendida entre os 7 e os 10 anos. 

Ao contar cun número moi numeroso de visitantes, o mesmo se subdividió en dous subgrupos. Mentres uns atopábanse co guía do museo no interior do mesmo, o outro estaba acompañado polas profesoras axudantes Manuela Vázquez Coto e Jessica Pouse Rodríguez, que se encargaban dos xogos nas instalacións exteriores, para despois intercambiar e rotar as posicións de visita guiada. 

Aínda que a duración da visita guiada foi máis aló das tres horas e media, só púidose realizar o percorrido pola mesma da primeira sala, sen “pisar” a segunda. Foi tal o entusiasmo do grupo que non deixaban de solicitar que se continuase pola tarde a visita. Un grupo verdadeiramente disciplinado e moi participativo e con moitas ganas de volver de novo cos seus familiares. 

Hai que destacar que as profesoras foron as verdadeiras artífices dunha sesión lúdica modélica, pois o seu apoio e colaboración foi extraordinaria. Queremos facer constar que neste grupo educativo, todo o seu alumnado foi sobresaliente na súa integración social, xa que entre eles participaban discentes de varios países, destacando unha nena ucraína, ademais doutra nena de etnia xitana. O día de hoxe, podemos comentar, que foi outra das xornadas para lembrar. Felicitacións sinceras a este grupo educativo e integrador! 

Despois da visita ao MELGA o grupo escolar dirixiuse ao Piñeiral de Balarés, para xantar e sen dúbida seguir xogando na Praia eo no bosque, nun día especial de final de curso escolar. Sobre as 16,00 h. partiron á súa cidade de procedencia A Coruña.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.